Hotel Spa Norat Torre do Deza

Hotel 4 estrelas situado no corazón de Galicia onde poderás desfrutar da súa comida no restaurante Aldair do Hotel Spa Norat Torre Do Deza en Lalín. As súas habitacións son as seguintes: doble, junior suite con hidromasaxe, doble con cama supletoria, doble con dúas camas supletorias, suite premium, junior suite e doble estándar con terraza. Tamén teñen a dispor un apartamento dun dormitorio con cama matrimonial e terraza. Cociña americana totalmente equipada, salón con sofá cama de 1.40m e baño completo. Vistas á montaña. Servizo de limpeza diario da zona de dormitorio e baño(cociña non incluida). Toallas e sábanas dispoñibles para cambio.

Ofrecen unha excelente cociña de mercado á carta e menú con platos tradicionais da gastronomía galega elaborados cos mellores produtos da zona. Dispón dun comedor buffet para eventos especiais.

Ademais, teñen ofertas para os diferentes eventos do ano. Por exemplo, no samaín, ofrecen un evento especial por 119 euros por persoa. Este evento inclúe, aloxamento con almorzo buffet, cena encantada, baile con música a cargo de DJ Studio 21, un acceso de 90 minutos ó circuito termal por persoa (consultar dispoñibilidade spa), invitación a unha copa, queimada meiga con conxuro e animación para nenos.

Dispoñen de bonos regalo. A gran maioría incúén actividades de spa, como un simple acceso ó spa por 25€, escapada para dous no spa por 134€ e maís que incluén ata masaxe e cena. Tamén hai bonos regalo para eventos destacados da localidade coma o cocido galego.

Outro servizo moi destacado deste aloxamento, que todo visitante de seguro desfrutará, é o seu spa, un dos máis grandes do noroeste peninsular. Ten circuito termal, ximnasio, zona de relax, tratamentos e masaxes. Pódese desfrutar mentras te impresionas cas vistas á Carballeira Das Casianas. 

Servizos
Alojamiento, Restaurante, Spa, Servizo Fitness, Salón para reunións, celebracións boda, etc...
Especialidades
Carnes, arroces, cazolas de peixes, mariscos da ría e cocido
O menú de hoxe
Xantar e cea
Prazas
400
Pechado
Non pecha
Observacións

Banquetes. No Camiño de Santiago (Camiño de Inverno)

Enderezo
Parque Empresarial Lalín 2000 - 36500 Lalín
Teléfono
(+34) 986 787 666
Correo electrónico
reservas@torredodezahotel.com
Sitio web
Social
Hotel Spa Norat Torre do Deza
torredodezahotel
Coordenadas
42.6720000, -8.1486111
Imagen Hotel Spa Norat Torre do Deza