Novo Hechizo

Este establecemento de comida italiana leva en vigor dende 1987, convértendose así nun dos pioneiros de comida italiana do pobo. Daquelas tiñan outro nome (Hechizo), pero no ano 2000 mudaronse ó local actual e pasaron a chamarse Novo Hechizo. As súas especialidades radican nas súas pizzas artesanas e en hamburguesas feitas co seu propio pan. Pero na súa carta non faltan pratos típicos da zona. 

Teñen unha gran variedad de pizzas. Estas van dende as máis comúns coma por exemplo pizza mozzarela, york, 4 queixos ou tropical, para logo irse a pizzas como a pizza hechizo (Tomate, mozzarela, gambas, mexillóns e berberechos) ou pizza raxo (Tomate, mozzarela, raxo e ovos rotos). Tamén teñen pizzas dulces: chocolate, chocolate con chocolate blanco e chocolate con noces.

Destacan tamén polas súas hamburguesas. Van dende as máis comúns como a simple, completa e logo pasan a outras coma a hamburguesa total (leituga, tomate, cebola, beicon, ovo e queixo) ou a hamburguesa doble (2 hamburguesas, leituga, tomate, cebolla, york e queixo)

Dentro da carta tamén destaca máis comida italiana coma a lasaña, espaguetis á boloñesa ou macarróns gratinados con 3 queixos, entre outros. 

Fóra da comida italiana, tamén destaca a súa gran variedade de bocadillos, tortillas, pratos combinados e máis. 

Contan con servicio de reparto a domicilio para que desfrutedes das súas comidas na comodidade da vosa casa. 

Servizos
Reparto a domicilio
Especialidades
Pizzas, pratos combinados
O menú de hoxe
Xantar de luns a venres
Prazas
36
Pechado
Sabados
Enderezo
Rúa Molinera, 14 - 36500 Lalín
Teléfono
986 782 197
Correo electrónico
novohechizo@gmail.com
Sitio web
Social
Novo Hechizo
Coordenadas
42.660319057510236, -8.113754465017148
Imagen Novo Hechizo