Paseo fluvial do río Pontiñas

Cun percorrido aproximado de 5 quilómetros lineais, vai bordeando o regato Pontiñas o entorno do Auditorio Municipal, no casco urbano, ata O Espiño, ou viceversa.

Pode facerse tanto a pé como en bicicleta dispondo de carrís diferenciados para cada unha das actividades. Ao longo do percorrido atopámonos con varios muíños, carballeiras, parques, pontes, sendo un lugar moi frecuentado polos veciños de Lalín.

Dende o paseo, e seguindo vellos camiños acondicionados e sinalizados, pode conectarse co complexo deportivo Lalín Arena, coa igrexa románica de Donramiro, ou co paseo de A Romea.

Coordenadas inicio/fin O Espiño
42.6663056, -008.1398889
Imagen Paseo fluvial do río Pontiñas