Parque de Loriga

Parque con agradable sombra, situado no centro da vila e presidido pola estatua que rende homenaxe ao fillo ilustre de Lalín que lle da nome. Joaquín Loriga protagonizou o voo de proba do autoxiro de Juan de La Cierva, o raid Madrid – Manila en 1926, e foi un dos primeiros aviadores en aterrar cun avión en Galicia, facéndoo en terras de Lalín no ano 1927.

O parque acolle un campo de petanca e distintos aparellos biosaudables para facer ximnasia.

Coordenadas
42.6621389, -008.1130556
Imagen Parque de Loriga