Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

 

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Busto de Manuel Daniel Varela Buxán
Autor
Félix Gil Gil
Ano
1997
Materiais
Granito
Enderezo
C.E.I.P. “Varela Buxán” , Cercio - Lalín
Coordenadas
42.7542500, -008.1236111

Manuel Daniel Varela Buxán naceu no concello de A Estrada en 1909. Neste concello pasou parte da súa infancia, separado dos seus pais. No 1921 foi vivir con eles a Cercio (Lalín) . En 1930 emigra a Arxentina e nese país exerce varias profesións e tamén forma parte do coro “Lembranzas da Terra”.

Funda a primeira compañía profesional de teatro galego, “Compañía de Arte Regional Gallego Aires da Terra” coa que, nos mellores teatros de Argentina, representa obras escritas por el. Tamén representan, a petición do propio autor, a obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse.

En 1950 regresa a Galicia e estuda bacharelato en Ourense e a carreira de Técnico Sanitario en Santiago de Compostela, profesión que exerceu o resto da súa vida e que compaxinou coa representación e publicación das súas obras teatrais.

A primeira das súas obras empezou a escribila mentres navegaba cara Arxentina, Se o sei...non volvo á casa, que se estreou en 1938. Pola nosa culpa, Galicia canta, A xustiza dun muiñeiro, Taberna sin dono, O ferreiro de Santán escritas e representadas en Arxentina. Xa en Galicia ¿Pista ou peste? é a primeira obra representada.

O seu labor no teatro popular galego foi recoñecido a nivel institucional polo Concello de Lalín nomeandoo Fillo Adoptivo en 1977. Morreu en Cercio en 1986.

Imagen Busto de Manuel Daniel Varela Buxán