Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

 

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Escudo de Lalín
Autor
O Vila (Luís Ferreiro)
Ano
2004
Materiais
Granito e bronce
Enderezo
Rotonda na N-525 despois do Parque Empresarial Lalín 2000
Coordenadas
42.6735278, -008.1593611

Con oito metros de altura representa o escudo de Lalín feito en granito e bronce.

Imagen Escudo de Lalín