Últimas novidades

16/01/2018 Terá lugar na casa reitoral da parroquia, un espazo propicio para acoller as actividades que se desenvolverán ao longo da xornada. O festexo trata de potenciar as tradicións populares e poñelas en valor a través da recreación do proceso da mata do porco. O Concello agradece fondamente o enorme traballo e a implicación de toda a veciñanza de Moneixas, que leva moitos días traballando na organización desta celebración.
16/01/2018 A dieta atlántica é unha gran aliada da saúde, que conta con elementos únicos e diferenciadores como a enorme calidade dos seus produtos. Francisco Vilariño animou a toda a cidadanía a participar nesta iniciativa e agradeceu a colaboración desinteresada dunha magnífica profesional como Vanessa Taboada.
14/01/2018 O vehículo recalará este ano en vilas como Tui e Moaña e en localidades de paso do Camiño de Inverno como Ponferrada, Santiago de Compostela, Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras. A súa versatilidade permitirá convertelo nunha completa oficina de información turística para difundir os atractivos de Lalín como destino ao longo de todo o ano. As súas características propiciarán o desenvolvemento de actividades puntuais e degustacións que permitirán poñer en valor a elevada calidade da nosa hostalería e o produto gastronómico. O autobús clásico de tipo inglés, que xa constitúe un dos sinais de identidade da Feira, está patrocinado por GADIS, e conta coa colaboración de ABANCA e COREN.
13/01/2018 Onte presentouse o novo libro de receitas baseadas no prato insignia da gastronomía galega, que serve para conmemorar a 50ª edición da Feira do Cocido. O acto de presentación tivo lugar na casa consistorial e nel participaron o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, o cociñeiro e coordinador da publicación, Diego López Dapena, ademais dos 13 representantes da hostalería lalinense que realizaron contribucións ao receitario.