Últimas novidades

Os restaurantes lalinenses que participaron no XXI Mes do Cocido recibiron esta tarde no Concello os informes cos resultados personalizados extraídos das enquisas do Compromiso de Calidade do Cocido de Lalín, que cubriron de modo voluntario milleiros de comensais que de San Amaro a San Valentín participaron nesta iniciativa.

O Concello de Lalín acometerá un importante proxecto en aras de recuperar e conservar tres dos elementos de maior relevancia patrimonial, histórico e atractivo turístico do noso municipio.

O concello de Lalín estase a converter nunha auténtica referencia para os peregrinos. Así o demostran as cifras de pernoctacións rexistradas pola concellería de Turismo nos últimos exercicios e que non paran de medrar ano a ano.