Últimas novidades

O programa “Autoras, Ciclo de Mulleres Creativas” organizado pola concellería de Turismo do Concello de Lalín, trae ao Pazo de Liñares o vindeiro venres, día 28 de decembro ás 20.30 horas, a derradeira actuación do programa. Nesta ocasión, o espectáculo correrá a cargo da famosa actriz galega, Iria Sobrado, que actuará coa súa proposta “ O Estado Cru”.

 

O Concello de Lalín, a través da concellería de Turismo que dirixe o concelleiro, Francisco Vilariño, anuncia a posta en marcha dunha nova iniciativa encamiñada a promocionar e darlle valor ao Camiño de Inverno ao seu paso por Lalín. Concretamente, o responsable municipal informa de que nos próximos días se van instalar en dous puntos diferentes da vila polos que discorre esta ruta xacobea, dúas esculturas elaboradas en forxa que representan a figura dun peregrino.

O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, vén de presentar a imaxe da nova campaña de Turismo que vai poñer en marcha o Concello de Lalín e que se desenvolverá ao longo dos dous próximos meses. A proposta escapa do habitual e está protagonizada por un gran ollo no centro do cartel rodeada das cores verdes que simbolizan Lalín e a súa natureza e baixo o lema “Lalín, un interior único” ao que se lle engade a etiqueta #pordescubrir.

07/11/2018 Trátase dun dos eventos profesionais de maior relevancia no ámbito turístico onde se darán cita máis dun centenar de operadores nacionais e internacionais cos que establecerán contacto os técnicos do Concello. Francisco Vilariño apuntou que dar a coñecer a nosa vila a través deste tipo de iniciativas é fundamental para acadar os obxectivos de promoción económica e social da mesma a través do turismo. É a primeira vez que o Concello de Lalín participa nun evento destas características que, ao ser de carácter internacional, servirá pra abrir novos fronteiras