Últimas novidades

20/11/2017 Velaquí o cartel co programa completo da 1ª edición do “Lalín con gusto”, que se vai celebrar os días 2 e 3 de decembro na Praza da Igrexa. Cociña en vivo, catas, degustacións e moito máis, durante dúas completas xornadas coa gastronomía e a hostalería de Lalín como grandes protagonistas.
20/11/2017 Están sendo colocados en localizacións estratéxicas cun especial interese dende o punto de vista de imaxe turística. Os novos soportes publicitarios están compostos polos novos deseños da concellería de Turismo, que teñen unha gran forza visual e representan á perfección a imaxe do municipio. Francisco Vilariño sinalou que a acción busca “seguir impulsando ao máximo os recursos que temos en Lalín e dar a coñecer os nosos atractivos entre as persoas que pasan pola vila”
16/11/2017 A concellería de Turismo instalou paneis promocionais de Lalín en municipios de máis de 20 mil habitantes e noutras vilas de especial interese por estratexia turística. A iniciativa loce os novos deseños da campaña “Lalín un interior único” e busca, especialmente, atraer visitantes de cara o nadal.
14/11/2017 Na tarde de onte presentouse  na sala de prensa do concello o evento gastronómico "Lalín con gusto". Na presentación participou o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, e os 11 hostaleiros participantes nesta iniciativa, que se vai desenvolver na Praza da Igrexa os días 2 e 3 de decembro.