Últimas novidades

4/09/2017 Momentos máxicos os que se viviron na tarde-noite do venres co concerto de Uxía e a Banda Xuvenil de Lalín no Pazo de Liñares. Unha actividade que viña da man do Deputación de Pontevedra, concretamente do Departamento de Cultura con Xosé Leal como máximo responsable do mesmo.
28/08/2017 O vindeiro venres 1 de setembro a partir das 20.00 h. no Pazo de Liñares teremos a oportunidade de asistir a un concerto único. Uxía e a Banda Xuvenil de Lalín presentan unha proposta artística que promete ser única e inesquecíbel. Un proposta que chega a Lalín da man do departamento de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra.
14/08/2017 A concellería de Turismo remitiu material promocional do municipio a 105 destinos vacacionais estratéxicos. O obxectivo, segundo Francisco Vilariño, é motivar aos turistas destes puntos a achegarse ao noso concello e desfrutar dunha proposta turística diferente e de moita calidade.
Onte presentouse no concello o espectáculo que vai ofrecer a cantante Uxía xunto coa Banda Xuvenil de Lalín, no Pazo de Liñares, o día 1 de setembro, ás 20.00 horas. Trátase dunha proposta artística que promete ser única e inesquecíbel e que nace coa idea de conxugar a voz dunha cantante tan recoñecida e de tanto nivel como Uxía Senlle, co talento local da Banda Xuvenil, nun espazo bucólico como é o patio interior do Pazo de Liñares.