Últimas novidades

Instaláronse un total de 17 cartaces cos que se busca dar a coñecer un dos principais atractivos de Lalín . “Con esta iniciativa” -sinala Francisco Vilariño- “outorgarémoslle ao espazo valor engadido, co obxectivo de que todo o mundo saiba que pode desfrutar dunha xoia natural dentro da vila”.
21/04/2018 O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, acompañado dos técnicos de Turismo, José Luís Pájaro e José Antonio G. Sixto, presentaron unha nova ferramenta turística baseada na publicación dun novo folleto divulgativo, a través da que se seguen dando a coñecer as riquezas turísticas do concello de Lalín. A idea busca, desta volta, promover percorridos de diferente tipo por puntos de especial valor dentro do municipio, que se poden realizar, tal e como explicou o concelleiro, nunha mañá ou nunha tarde en coche ou en bicicleta.
19/04/2018 Na tarde de onte un grupo de 59 estudantes e 4 docentes da Escola de Arquitectura da Universidade de Lund (Suecia) achegáronse a coñecer o Castro Técnolóxico. Unha visita enmarcada na viaxe formativa e didáctica que están a realizar por distintos puntos de Galicia e Portugal.
19/04/2018 Este selo de calidade recoñece as boas prácticas e o esforzo na atención ao cidadán que se presta na Oficina de Turismo. Francisco Vilariño sinalou que “ofrecer unha boa atención é un factor clave para obter este tipo de recoñecemento, pero tamén para que veñan visitantes a Lalín e desfruten ao máximo dos nosos recursos”.