Últimas novidades

9/06/2017 Na caseta os visitantes reciben asesoramento e información de primeira man sobre os múltiples atractivos e recursos do municipio. Vilariño fai fincapé en que “o Goberno, no ámbito da promoción turística sempre levará a cabo medidas activas, sendo a Semana Verde de Galicia un evento óptimo para obter o máximo alcance”.
5/06/2017 Este pasado sábado celebrouse a segunda edición do Re-descubre Mouriscade no entorno da área recreativa do mesmo nome, organizado polas concellerías de Turismo e Medio Ambiente. Unha xornada lúdica con ampla participación tanto de público infantil como de persoas adultas. A climatoloxía acompañou sobre todo na sesión de tarde para que todos os alí presentes gozaran das diversas actividades organizadas con motivo da celebración adiantada do Día Mundial do Medio Ambiente.

3/06/2017

O Concello de Lalín, a través da concellería de Turismo, vén de reeditar o mapa turístico estreado o ano pasado, sacando á luz unha tirada de 30 mil novos exemplares que, ademais, foron revisados e actualizados. Así o anunciou o concelleiro, Francisco Vilariño, que explicou que o enorme éxito desta publicación e a súa ampla difusión a través das estratexias municipais de turismo e a colaboración de establecementos e empresas, provocou que os 10 mil exemplares iniciais se esgotasen en poucos meses.

31/05/2017 Na mañá do martes achegáronse  ao concello 40 alumnos e alumnas do IES Xoán Montes de Lugo. Os estudantes visitaron Lalín e aproveitaron para coñecer o Castro Tecnolóxico a través dunha visita guiada polas súas diferentes partes.