Cruceiro de Goiás

De 1901, foi esculpido por Manuel González Perdiz. Con plataforma dun chanzo sobre o que se apoia o pedestal cúbico en “garganta”. O varal moi curioso xa que empeza en forma cadrada, segue octogonal e no último tramo é cilíndrico e nel aparecen tres figuras sobre peanas. O capitel está decorado con follas, volutas e pequenas cabezas. A cruz e cilíndrica e nela aparecen, no anverso Cristo co catel de INRI e no reverso a Verónica.

Coordenadas
42.6807222, -008.0912500