Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

 

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Homenaxe a Willy
Autor
Willy (Antonio Taboada Ferradas)
Ano
2007
Materiais
Bronce
Enderezo
Rotonda na Avda. Xosé Cuiña
Coordenadas
42.6582500, -008.1168611

Versión en bronce dunha obra anterior do autor, en madeira. Con ela réndeselle homenaxe a este polifacético artista no primeiro aniversario do seu pasamento.

Antonio Ferradás, máis coñecido como Willy, nace na parroquia de Botos no ano 1962, artista autodidacta, xa de neno amosaba afición polo mundo das artes. Escultor, pintor, poeta, músico, organizador de eventos... deixou a súa inconfundible pegada en todos aqueles eventos nos que participou, tanto en Galicia como no extranxeiro.

http://www.wily.es/index.php/vida/

Imagen Homenaxe a Willy