Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

 

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Monumento conmemorativo irmanamento Lalín-escaldes
Autor
Sergi Mas
Ano
2005
Materiais
Granito rosa
Enderezo
Rotonda na Rúa Escaldes-Engordany
Coordenadas
42.6619722, -008.1159167

Monumento realizado en granito rosa, das montañas de Montserrat en Cataluña, componse de catro pezas de distintos tamaños e formas que unha vez encaixadas forman unha ponte, que se identifica coa de Escaldes-Engordany. Representa tamén unha igrexa románica e ao mesmo tempo a igrexa construída en Escaldes na década de 1950 e na que traballaron canteiros lalinenses, o que deu orixe a este irmanamento.

Na obra están representados ademáis os escudos dos dous concellos Escaldes-Engordany e Lalín.

Imagen Monumento conmemorativo irmanamento Lalín-escaldes