Bodegón A Cunca

Este restaurante lalinense combina a perfección a cociña tradicional ca moderna. A mellor demostración culinaria que proba este feito son as súas gastrotapas. Son as tapas tradicionais que estamos acostumados a comer pero feitas de forma máis creativa cunha estética máis rechamente e moderna para que desfrutes ó máximo do acompañamento da túa bebida.

Os seus menús do día cambian constantemente pero o que non cambia é que sempre consisten en tres pratos. Tamén dispoñen de servizo de comida a domicilio para que te sexa máis cómoda desfrutar da súa comida. 

Fóra da carta teñen pratos moi destacados. Nos entrantes destaca a súa variedade de risottos coma o risotto de tomates secos e raxo ou as súas croquetas de queixo azul e verduras. Teñen 3 tipos de hamburguesas feitas co pan de Lalín coma a hamburguesa que leva o nome do establecemento que contén tenreira de Lalín, cebola caramelizada, queixo do país, aguacate e espinacas. Tamén destacan as súas tostas onde podemos ver as maís comúns coma a de xamón e tomate pero tamén podemos ver outras máis completas con queixo de tetilla, cebola caramelizada e confitura de froitas. Teñen unha gran variedade de tortillas para pedir en dous tamaños e van dende unha tortilla de chourizo a unha de 4 queixos ou de gambas. As súas cazolas tamén son moi destacadas como por exemplo a de raxo con queixo ou a de champiñóns con gambas e raxo. 

Para terminar, teñen unga hrab selección de postres para poñer a guinda do pastel a unha comida incrible. Algúns destes son: brownie de chocolate con xeado, fresas con nutella ou coulant con xeado.

Todas estas comidas as poderás acompañar cunha gran selección de viños de denominación de orixe coma o de rías baixas, ribeira sacra, valdeorras ou monterrei, entre outros moitos. 

Servizos
Tapas e servicio de comida a domicilio.
Especialidades
Tortilla, revoltos, cazolas, ensaladas
O menú de hoxe
SI
Prazas
72
Pechado
Domingo e luns
Enderezo
Galerías Colón, 9 - 36500 Lalín
Teléfono
(+34) 986 782 365
Correo electrónico
acuncabodegon@gmail.com / info@bodegonacunca.com
Sitio web
Social
acuncabodegon
acuncabodegon
Coordenadas
42.661618854046594, -8.111920036725804
Imagen Bodegón A Cunca