Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

 

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Peregrino II
Autor
Manuel García Guerra
Ano
2019
Materiais
Aceiro corten
Enderezo
Praza do Concello
Coordenadas
42.6623056, -008.1136111

Polo concello de Lalín discorren dous camiños de Santiago: a Vía da Prata e o Camiño de Inverno. Dúas estatuas situadas no centro da vila reciben e despiden simbolicamente ós peregrinos que por ela pasan. Soportan estoicamente as inclemencias do tempo e infunden ánimos ós camiñantes no percorrido que vai cara Compostela.

Situada a carón da biblioteca municipal (antiga Casa do Concello), é a encargada de darlles a despedida do pobo e desexarlles un bo camiño.

Imagen Peregrino II